viernes, 1 de enero de 2010

FELIZ ANO NOVO

2010.

Copiar este numero, de momento aínda non costa moito recordalo. Cando saia no meu blog, quererá dicir que quero poñer algo da nosa vida diaria das promesas dos traballos que se van a facer na nosa parroquia de San Adrián no concello de Ponteceso, para ir recordando todo aquilo que se fixo, e o que quedou sen facer.

Dar en aprobado os traballos que se fagan, pero tamén tirarlle das orellas senón cumpren co manifestado nas promesas.


A mediados do ano pasado, dixeron de asfaltar as pistas de Corme-Aldea, hoxe en algunhas partes están desfeitas polo medio do pobo, con furados de des centímetros, algún concelleiro do goberno esta o tanto de isto.

Xa fai uns anos, prometeron arranxar a tubaria de desaugue da auga que baixa da Costa, onde, xunto a carretera non ten saída, e fai unha lagoa cando chove coma estes días, os veciños xa fixeron unha protesta, xa fai uns anos, están xa informados os do goberno municipal.

Tamén xa fai uns poucos anos, cando retiraron os columbios dos nenos, xunto a casa dos veciños dixeron de poñer outros mellores, xa que aqueles estaban fora da norma e anticuados, mirarían de encontrar outro sitio mais adecuado para poñer mais cousas, coma facer un parque infantil, de momento so promesas, nenos e nenas din que son poucas, pero as os que son queren un espazo para xogar, estamos a falar dos pequenos coas súas nais, cando eu era presidente da asociación, prometéronme que sacaban aqueles columbios e outros mobles, e que poñerían outros mais novos, estou esperando.

Xa que penso, que non tendes tempo de recorrer por todas aldeas, eu poñerei neste blog todo aquilo que vexa a normal do que podía estar.
Isto tratase de axudar, de poñer o ombreiro, e recordar que todos pagamos os nosos impostos.

Corme. 1 de Xaneiro 2010 (Luís Suárez)

No hay comentarios:

Publicar un comentario