viernes, 1 de enero de 2010

CARTA OS REIS MAGOS

A OS REIS MAGOS QUE NON CHEGAN

2010 (1)

CARTA DE UN NENO

Canto tempo, xa van aló mais de oito anos que eu escribín a carta os nosos Reis Magos, para recórdalle algo das promesas dos nosos políticos de que farían isto e aquel outro e non fixeron nada na miña aldea, un pobo que esta a ficar esquecido, non sei se e culpa dos que gobernan no Concello, ou somos nos os que non merecemos mais.

Na miña carta de fai 8 anos pedíalle as beira rúas que eles prometeran dende o Porto ata a Aldea, si fixeron a metade ata o río de Viña deixando cortado o paso, coma si quixeran dicir dade a volta e ide para onde empézache o camiño, eu como son un neno algo traveso, o chegar o remate de esta senda teño que pasar polo rego da áugoa, e non quero mollar os pes e mátome pola carretera e así ata chegar a pista no centro da Aldea.

O outro dia pasou un camión xunto a min nos pontes, e xa pensei que me levaba por diante, tirei a miña pelota que levaba na man, e un coche que viña detrás do camión rebentouna, eu penso que cando fixeron a carretera podían xa facer esta senda a veira da rúa coma a fixeron ata o cruce que vai cara a Ermida, papa dime sempre que os políticos son uns canta mañas, pero eu penso que non son todos iguais, algúns penso eu que lle caería a cabeza de vergoña se en mais de oito anos non fixeran o que prometeron.

Eu, como neno de Corme, quero veira rúas para poder ir tranquilo dende a Aldea o Porto, e por pedir que sexa, ata o final de Guxin, e quen me vai a mercar a “PELOTA” que me estragou o coche nos pontes.

O mestre no colexio dixo, que as promesas son mais fáciles de facer, que os feitos. Na carta que mandei este ano aos Reis Magos volvín a pedir o mesmo, se non me fan caso, fago coma meu pai, que non cree neles, e di que todos seremos Republicanos. ¿ Nin os Reis de Oriente nos fan caso ?
¿QUEREMOS VEIRA RUAS DENDE O PORTO ATA GUXIN?
¿ISTO VAI PARA VOSTE SEÑOR ALCALDE?
OS NENOS E NENAS DE CORME ALDEA, QUEREMOS AS PROMESAS QUE FIXERON, XA FAI MAIS DE OITO ANOS.

Carta os Reis Magos de Oriente (Corme 31 de Decembro 09)

No hay comentarios:

Publicar un comentario