miércoles, 6 de enero de 2010

REIS EN CORME


FESTAS DO NADAL EN CORME

Sempre hai un empezo e un remate, este ano en Corme – Porto, as festas do Nadal empezaron con contos para os nenos e non nenos, de grandes escritores, contados, mellor dito lidos por Paco Souto, gran escritor das nosas terras Bergantiñáns, seguido do seu organista Serxio Moreira.

O local do salón de actos da Confraría de pescadores quedaron pequenos polos rapaces que acudiron acompañados dos seus pais, foi un éxito. Isto foi o Sábado dia 26 do Nadal.

O Domingo 27, tamén os mais pequechos no local da lonxa, tiveron unha proxección de unha gran película do Nadal, tamén estibo cheo.

Mércores 30, no Casino as seis da tarde, Fernando Patricio cortizo, ofreceu unhas conversas tituladas Conversas Atlánticas, relacionadas cos naufraxios na Costa da Morte.
Tamén estivo o grupo musical El Viejo Caracol, que despois da media noite dounos un concerto da mellor da súa musica.

Sábado 2, no salón da Confraría despois das 6 da tarde, tivemos un obradoiro de monicreques para un publico infantil.

Domingo 3, tamén os mais pequenos tiveron outra película de estas datas do Natal, outro cheo na Confraría de pescadores entre nenos e maiores.

Martes 5, dia de Reis, festa grande para todos os nenos e nenas do pobo, dende as seis da tarde, os Reis Magos de Oriente que chegaron nunha carruaxe tirada por un magnifico cabalo do pais, percorreron as rúas do pobo dando agasallos e caramelos os nenos, o terminar o recorrido, achegáronse a lonxa nova onde recolleron as cartas de todos os nenos para esta noite muxica, acompañada de as promesas feitas, de que foron moi bos, este ano que xa pasou, tamén a Asociación de Veciños Eduardo Pondal, fixo entrega os nenos uns agasallos polos debuxos que fixeron na escola para conmemorar este dia.

Isto foi o comezo e o remate das festas do Nadal en Corme – Porto.

Todos estes actos foron organizados pola Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme.

Corme 6 de Xaneiro 2010.

Lois Suárez

No hay comentarios:

Publicar un comentario