viernes, 28 de agosto de 2009

O LAGARTO

O LAGARTO

Xa van aló uns anos, sobre cincuenta mais ou menos. Os rapaces de aqueles anos no xogaban con coches feitos a escala dos modelos, falando de modelos poucos se podían ter, tampouco tiñamos monecas, e as que tiñamos ou lle faltaba un brazo ou a cabeza, non tiñamos balóns para xogar o fútbol, pero si xogabamos coma Gento, Puscas, Diestefano e outros a diferenza que tiñamos era que nos xogabamos con unha pelota de trapo e coma campo de fútbol tiñamos as leiras onde estabamos enredando os que estaban traballando.

Un día pola tarde chea de sol, eu e mais a miña irmán estabamos xogando en Fontenla fozando na terra, cando sae un lagarto e o pobre non sabia onde meterse, é nós xa tíñamos festa, para qui, para aló, nunha de esta o lagarto da a media volta mirándonos con aqueles ollos que lle saian da cabeza e ca lingua fora, deixámolo quedar e seguimos cos nosos xogos corre que corre tropezamos outra ves co esquecido lagarto, eu tíñalle medo, pero para saber si miña irmán llo tiña, díxenlle que o collera polo rabo, e colleuno, o lagarto da a media volta e colleulle un dedo cos dentes, aínda a estou escoitándoa chorar e sacudindo a man para liberarse do animal, pobre de min o que eu fixera, collín monte arriba, nin os lóstregos me collían, e meu pai tampouco.

Cando xa era hora de marchar para casa eu non aparecía co medo a unha tunda, foi a miña nai a que con boas palabras e dicíndome que non me pegaba, fun acercándome monte abaixo coas orellas baixas. E esta foi unha das trouladas dos xogos que tiñamos cando eramos nenos que non foi a última, xa contarei máis.

Luís Suárez (Corme 28 de Agosto 2009)

No hay comentarios:

Publicar un comentario