martes, 11 de agosto de 2009

ATENTADO A NATUREZA


BASTA XA?

O Domingo pasado día 9, nos meus paseos estiven na Barda é non quedei moi contento xa que estando polas pedras da ribeira da area pequena encontrei un bidón de uns 25 litros, cheo de aceite queimado, o mar non o trouxo para terra xa que estaba completamente cheo, e unha pedra non nada e este bidón tampouco, algún “ listo “ amante do entorno non tiña onde meter este aceite de motor queimado e depositouno onde el non limpou cando foi do Prestige, pero igual cobrou algunha axuda. Isto para min é un atentado coma outros que se ven contra a nosa natureza, os meus sesenta anos pelexando para sacalo para riba e que o mar non o rompera, aínda que estaba fora do alcance na marea chea. Pois si, por onde eu ande non deixarei a merda que estes que so miran dentro da súa casa, que non sei como estará, tratarei de levalo o sitio limpo de Ponteceso, que espero que mo recollan, outra, as praias están cheas de plásticos e madeiros cheos de puntas coma as caixas de madeira, isto é para si alguén que traballe polo concello fale co señor alcalde e lle conte que non so esta a praia de Balares para ter limpeza, fai faia un contenedor para recoller o lixo dos centos de visitantes que van a praia, este día serian unhas cincuenta persoas, eu contei 18 coches, isto necesita outra forma de ver as praias que están esquecidas.

Luís Suárez
Corme 11 de Agosto 2009

No hay comentarios:

Publicar un comentario