domingo, 23 de agosto de 2009

AS AZORES

OS TRES MOSQUETEIROS

Fun a feira vender mercancía
.de chatarra vella.
Deixeina a baixo prezo
¿Que deus a leve ?

Non quero obxectos
.que reclamen guerra.
Estarei entre os bos e xenerosos
para labrar a terra.

A terra, o mar e o ceo
Chorando están.
Ollando cara estes tres mosqueteiros
que nos queren ter de man.

España, América e Inglaterra.
Aínda non están fora
de esta sucia guerra.

Nas Azores xogaron
con barallas cheas de lixo.
No Iraq e no mundo enteiro
a ningún dos tres os quixo.

As guerras solo nos dan
morte e sufrimentos.
So as queren a mafia asquerosa,
Para vender mais armamento.

Digamos non os enfrontamentos
que moitos nos queren meter.
É coma irmáns agrupémonos
para nos defender.

Políticas de ricos
para un pobo sen traballo.
So traerá miseria e escravitude,
A un pobo humilde é solidario.

Se queren guerras que as fagan
que se maten entre eles.
A nos que nos deixen en paz,
non queremos idiotas nin pelexes. ( Corme 23 de Xulio 2006

No hay comentarios:

Publicar un comentario