jueves, 24 de septiembre de 2009

A TELLA DOS VENTOS


INVERNOS

Xa fai un anos, cando aínda o telefono non existía nin tampouco a electricidade no meu pobo, as cousas non estaban para bromas cando chegaba o inverno, días, semanas e meses sen poder saír da casa con ventos desbastadores que ninguén os podía aguantar, con chuvias torrenciais e nevadas, con fríos de ata 10º baixo cero, acórdome que despois de chover quedaban pozas polo monte é podíanse pisar onde o xeo tiña tres ou catro centímetros de grosor e faciamos patinaxe co cu, xa que dereitos no era para nós, xa teño levado bastantes croques na cabeza, ai aqueles invernos¡, o mar estaba doente por comer a aquela xentiña indefensa sobre catro táboas, nos barcos a vela que tiñan que pasar a costa de Portugal moi longa e con poucos abrigos para refuxiarse de estas tempestades, anos cheos de naufraxios e perda dos seres queridos, invernos asasinos é o nome que eu lle poño, saias para o mar, e non sabias se volverías a terra vivo, as veces os barcos daban pantocazos enterrando a proa ata o ponte, aqueles que o tiñan, e os que estaban o goberno dicíanlle a proa ¿ven, ven, sube, e subía cando ela quería, algún de eles nunca a subiron, quedando nos fondos do mar.

A TELLA DOS VENTOS . Tanto ou mais, o padecían en terra as mulleres de estes escravos do mar, padecían o mal do medo cando ollaban para a ría e so ollaban aquel mar enfurecido que chegaba as casas no porto. Un día na igrexa dos Remedios unhas cantas mulleres que estaban pregando a deus para que os ventos calmaran, decidiron ir o monte da virxe do Faro e tamén darlle uns rezos a nosa señora, noite con vento e chuvia, chea de lóstregos camiñaron por camiños desfeitos ata chegar a hermida da nosa señora a Virxe do faro, cando acabaron de facer os seus rezos e pregarias unha de elas dixo de cambiar unhas tellas no tellado e seguir pregando para que a auga no entrara dentro nin o vento, cando acabaron de rezar o dia xa estaba a somar, cheas de frío, molladas puxeron as tellas no seu sitio e marcharon, unha filla de unha de estas mulleres, contáronme que o tempo cambiara durante o camiño, ¿ seguiu con vento, pero menos, o mar foi a menos?.
E así pasaron os invernos, e as crenzas nos milagres continuaron, as mulleres cos seus rezos é os seus homes cos traballos cotidians do mar.
Moitas mulleres de patróns de estes barcos, subían o faro para darlle a volta a unha tella do pinche no tellado para que o vento cambiara, se o barco pasaba cara o sur poñían a tella cara o vento contrario, é o contrario se navegaban cara o norte, é así para elas sempre o vento estaba pola popa, onde lle empuxaba as velas no vo camiño.

A nosa Virxe do Faro,
esta no alto é fai que dorme.
Ela ven vío pasar,
os mariñeiros de Corme.

Luís Suárez (Corme-24 de Setembro 2009)

No hay comentarios:

Publicar un comentario