domingo, 6 de septiembre de 2009

O GALO ARTISTA

O GALO CANTADOR

Contan, que na parroquia de Tella na casa reitoral, o señor cura tiña un galiñeiro mesmo o lado da parede que fai de balado o adro da igresia, nel tiña tres ducias de galiñas e un galo, as pitas estaban todas orgullosas de aquel galo todo un cabaleiro no poleiro e fora, onde estivera o galo nin gatos nin cans, e mesmo o señor crego as tiña cando pasaba xunto as galiñas que poucas veces o facía, non polo medo galo, senón por que tiña que baixar o relo, é non era cousa que o señor cura estivese doente das costas, para iso estaba a criada é tamén o san crista para recoller os ovos e coidar das aves.

Todos os días pola mañas, sobre as sete, o galo poñía a cantar a súa gorxa afinada en varias sintonías, o único que non sabia cantar, eran as letras que o señor cura lle repetía e trataba de enxeñar, algúns caldeiros de auga lle tirou para refrescarlle a memoria pero nada. Mesmo sabia cando empezaba a misa das doce, pero cantaba como el sabía, o san crista esperaba que o galo empezase o seu canto, e despois el tocaba as campas que mesmo daba gloria escoitar os dous o ven que o facían. Os veciños estaban contentes con este rechamo tan cariñoso e simpático, e algún dos fieis cando un dos dous faltaba, dicían ou o san crista esta enfermo ou o galo esta de faena.

Un día pola maña, esta voz de alegrar o comezo do día, non chegou a dar as sete, os que estaban afeitos a levantarse co canto do galo, quedaron durmidos e non foron o traballo, as mulleres non muxiron as vacas no seu horario actual, e chegaron tarde para repartir o leite, unha desfeita, é que tivo a culpa, na Aldea algúns non tiñan por ven visto o galo, os facían levantarse moi cedo por culpa do canto do galo. Despois de barallar unhas e outras, decidiron cortarlle a lingua, primeiro beberon ata que non se tiñan de pe, despois foron en busca do galo, entre tropezóns e caídas chegaron o galiñeiro, estaba todo tranquilo, pero ningún podía subir o balado e esperaron a que lle pasara un pouco a borracheira, cando espertaron xa viña o sol, o galo non cantara as sete, que foi o que pasou, dixeron eles, foi un milagre, o galo non cantou.

A tardiña do seguinte día, volvéronse a ver os mozos na taberna e falaron entre eles, onde cando o estaban a falar, achegouse o san crista a buscar unha garrafa de viño de misa, e todos calaron a boca, o axudante do crego díxolle, esta noite pasada non fun capas a durmir nada, alguén estibo de festa debaixo da miña fiestra, dicindo de cortarlle a lingua ao galo, non sei quen o fixo pero ao galo fáltalle a metade da lingua, e cando eu fun para abrirlle a porta o pobre aínda sangraba polo bico, un de eles dixo vedes isto foi un milagre, o san crista dixo, si home si, un milagre.
Luís Suárez (Corme 06-09-09)

No hay comentarios:

Publicar un comentario