viernes, 19 de junio de 2009

SUSA DA CHASCA


SUSA A CHASCA
Corme non te esquece.
Mama Susa para moitos, eu teño o privilexio tamén de ser fillo aditivo de esta marabillosa parteira, a nai de ducias de nenos que as súas mans foron as primeiras en tocar os seus corpos, que se non foran por estas mans moitos dos nacidos non poderiamos darlle as grazas, e moitas das mulleres asistidas por ela deixarían a vida nos partos. A nai Susa, sabia encontrar o que non se encontraba, pasaba fame para darlle de comer a quen non tiña, ela sempre encontraba leite para facerlle unhas sopas con broa as nais que non tiñan medios, traia medicamentos que case non se encontraban e menos se non tiñas diñeiro, e tamén tiña cariño a todos os nenos que ela asistira no parto.

Unha lembranza de esta muller, eu tiña dous anos cando naceu a miña irmán Rosa Eduarda, eu non quería ter mais irmáns, quería ser só, non sabían coma facer para que eu acollera esta nova mais na familia, entre Susa e unha señora de Guxin, tia María de Catelo fixeron cambiarme de idea, como fixeron, a señora María colleu a miña irmán e marchou con ela para fora da casa, meteuna nun paxe envolta nun saco e apareceu na cociña con ela onde eu estaba con mama Susa comendo un pequeno caramelo que me dera ela, ¡ mira que encontrei fora, pobriña ten frío e fame ! temos que darlle de comer, ¿Luís axúdasnos mira que pequeniña é pobriña? Eu non quería irmáns pero se facía faia darlle de comer e a tia Susa quería que se quedara, pero so un día, o cabo de unha semana dixéronme que a querían levar, para mirar se eu a quería, empecei a chorar coma un louco para defendela tirando do mandil da tia Susa, ¿non quero que levedes a miña irmán que é nosa? Dixéronme que se a quería, e asta hoxe.
E coma estas, moitas cousa mais da nosa nai tia Susa.
Unha aperta de mans a toda súa familia, por ter tido unha muller así no seno da súa. Grazas a todos, bicos a tía Susa, aló onde se encontre.......

No hay comentarios:

Publicar un comentario