martes, 9 de junio de 2009

ROMERIA DA ESTELA CORME


ROMERIA DA ESTELA

CORME, un día do mes de abril do ano 1960.

Serian as sete da mañá cando o meu avó Luís pasou pola casa de meus pais na costa, preguntou por min, meus pais dixéronlle que aínda estaba na cama, meu avó colleu camiño abaixo mirando cara a ventá do cuarto onde eu durmía. Serían as oito cando miña nai chamou por min dicíndome que meu avó pasara por min xa facía unha hora, de un salto tireime da cama. As veces as comenencias son a mellor manciña para curar os males, por iso eu saltei da cama porque senón non tiña premio, neste día mais grande das festas da parroquia de San Adrián de Corme.

Cando cheguei a igrexa, meu avó estaba esperando con dous galos os seus pes, eu preguntei que facían aqueles animais na igrexa e amarrados polas patas, el contestoume que serian poxados o acabar a misa das doce, eu aínda no sabia o que era iso da poxa, pero tamén non preguntei. Collín os dous galos e leveinos a caseta dos cabalos que estaba debaixo da fabrica da igrexa, déronme pena e ceibeinos entre os cabalos dos curas, fechei a porta e marchei, o terminar a misa das once, meu avó o sancristán da parroquia preguntoume polos galos, e eu dixen onde os deixara.

O remate da misa das doce sería a poxa de estes animais, antes de acabar meu avó foi a buscalos, a porta estaba aberta, un cura o terminar a misa das once, colleu o seu cabalo e marchou, e cando a el os galos, meu avó Luís non sabia onde meterse, que dirían os que ofreceron os galos. A poxa reuniu cinco galos e foron poxados tres, os outros dous salváronse polo menos uns días mais, ninguén se dou conta de que faltaban dous, nin preguntaron por eles, so dicían quen sería o agraciado que lle tocaran, e os que estaban dende o principio, non sabían cantos eran.

Aínda hoxe estou buscando os galos, despois de cincuenta anos pasados, non sei se co medo os foguetes se meterían nas alforxas de algún cabalo, e foron xa cancendo ata a perola do dono do animal.
Entre misa e misa, pasábase a cesta a pobres e ricos, e non sei por que os pobres eran os que mais diñeiro metían, a cesta aínda non era moi pequena e sempre chea, os ollos caíanme dentro dela e as tentacións quen sabe, e esperando a que o señor o remate, pois daríame unha ou dúas pesetas, nunha recolecta de unhas quince ou vinte mil pesetas nos anos cincuenta, o manto da imaxe da Estrela, estaba cheo de billetes, e dicía eu, pero para que se a virxe non come nin lle fai faia nada, e todos incluído eu non tiñamos nin calzado para poñer, para nos todo era pecado, beber un grolo de viño de misa era pecado, un tirón de orellas non, un pouco de aceite na broa era pecado, mellor era pasar fame, os xefes na reitoral con vos bandullos e ti mirando por as merendas se caia algo. As merendas chegaban dende Guxín ata o transformador da Aldea, e os autobuses dende a Aldea ata o Porto teño contado ata uns quince e mais de eles pasaban todo o día.
POBRES GALOS ¿POR DONDE ANDARAN? ¿SABE DIOS?...

No hay comentarios:

Publicar un comentario