martes, 16 de noviembre de 2010

MARES DA BARDA


TEMPESTADES
Decembro 1956, unha tarde sobre as tres, María Xesús colle a cesta da comida na cabeza como o facía regularmente a diario, hoxe tiña largo recorrido xa que o seu marido, meu pai, estaba pescando nos mares de Niñons, cargada con unha peza de tramallo na cabeza, uns trinta ou corenta quilos, mais a comida, que por momentos eu lle axudaba cos meus oito anos, que bastante tiña con camiñar só, xa que o camiño estaba todo desfeito das chuvias de días pasados.
No alto da Barda, en Pormean, non sei como fixen e caín nun rego de auga, o peor foi unha rodilla que a desfixen, empecei a chorar a grito duro, miña nai non sabia que facer, empezou a lavarme a ferida coa auga da poza, fíxome unha venda co seu mandil.
Despois de falarme con ese cariño de unha nai, empecei a camiñar coxeando, agarrado a súa saia.
Estabamos sobre os montes da Marosa e empezou a chover, acompañada de vento forte, nos non podiamos abrigarnos, xa que estabamos chegando as cinco da tarde, onde as cinco e media, seis, tiñamos que estar en Santa Mariña, Niñons, para darlle de comer a meu pai.
Xa aló no alto do monte, viamos a illa de Santa Mariña, pero non estaba ningunha embarcación, era todo unha rompente de mar. Baixamos o monte polo camiño dos mariñeiros e labregos de Brantuas e Niñons ata chegar xunto o mar.
A marea estaba baixa, pero o mar chegaba o monte, miña nai non deixaba de ollar cara o mar, aquel mar que parecía que todo o quería romper, e a noite xa estaba encima de nos e sen aparecer niguen de entre aquelas asasinas ondas do mar, os dous mollados é cheos de frío, acurruchados detrás de un petón, miña nai empezou a buscar nunhas gamelas que estaban todas vellas por algún plástico ou calquera cousa para poñer por encima de nos.
Cando chegou a xunto de min, estaba durmido, onde ela non fixo por espertarme, acuruxouse o meu lado e tapoume con uns pantalóns de áugoas vellos que encontrou, cando espertei non chovía, pero o vento parecía un furacán, mirei para miña nai, e sen verlle a cara dinme de conta que estaba a chorar é pregando a virxe do Carmen polos mariñeiros que non tiñan chegado aínda a terra con aquel mal tempo,!! onde estarían!!
Serian as catro da mañan, e sentimos falar, chamando por nos, miña nai da un salto e corre de un lado para outro, en busca de aqueles que gritaban Susa, eu quixen tamén correr pero entre o golpe na rodilla e o frío non fun capas de poñerme de pe esperei a que chegaran a por min.
Meu abo preguntou se estaba soa, e ela dixo que non, que estaba Luís con ela, viñeron xunto de min e trataron de levantarme, eu so non podía, empezaron a fregarme as pernas e o corpo, sacándome tamén o mandil que tiña sobre a ferida.
Miña nai preguntoulle pola chalana, e dixéronlle que a tiñan no Lago no monte, onde uns de Brantuas lle axudaran a salvar a chalana, a nosa mais a de eles, que xa a deixaban alí todos os días, non sei como puideron facer isto coa que estaba a caer, meu pai é meu abo non quixeron probar bocado e puxémonos o camiño cara Guxin.
Corme 16 do 11, 2010.
Lois Suárez

No hay comentarios:

Publicar un comentario