viernes, 19 de marzo de 2010


O PEIXE GRANDE COME O PEQUENO
Os ditos dos vellos son sempre lembrados, din que os mais grandes sempre mandan nos mais pequenos, e certo todo isto, lémbrome das trasnadas que faciamos os mais pequechos, sempre guiados polos de mais idade.
Unha de elas, era entrar nas hortas de froita e encher os bolsos de toda clase de froitas, que seria requisada polos nosos xefes, eles comían ou tiraban as mazas ou peras os cans e gatos, e os pequenos comían as froitas que aínda non estaban formadas, aínda tiñan a flor.
Eles axudaban subir as paredes, xa que algunhas tiñan tres metros de altura, para entrar ven, o mais malo seria saír.
Unha noite serian as des, estaban en faena nunha horta enchendo un saco, de eses que se usaba para as fabas, de entre a escuridade sae un cadelo que tiña mais fame que os que estaban na recolleita, os rapaces empezaron a tirarlle a froita que tiñan dentro do saco, quedando co saco baldeiro, podíase dicir, unha autentica guerra dentro da finca, estes rapaces tiñan sorte que a finca estaba un pouco lonxe das casas, e os donos non escoitaban o can ladrar. Despois de cansados da gran batalla saíron para fora sen nada para votarlle o bandullo, e o chucho ficou contente pola súa faena.
Os rapaces non esqueceron aquilo, e prométenlle que non quedara así a cousa, pasou o tempo, un quince días e volveron o sitio, pero de esta ves, armados contra aqueles dentes capaces de tronzar unha perna coa fame que tiña, o can volveu a atacar, pero de esta non podía cos asaltantes, o que mais ou menos estaba armado de pedras, para dentro, o saco estaba cheo de pedras, para fora cheo de froita, non sei para que porque mais de ela ficaba tirada polo camiño, pódese dicir un estorzo.
E así de unha en outra, ata que de unha ves, o xogo da froita estibo a punto de producirse unha desgraza humana, unha tarde cando xa a lúa empezaba a largar os seus raios de luz, uns catro rapaces estaban subindo por unha parede de unha cerca para entrar a coller froita, o seu dono estaba a esperar dentro con unha forquilla e unha fouza que non as tiña para adornar a finca nin para a limpeza das silvas, senón para algún pescozo que pasase por medio do seu fío. Os rapaces estaban subidos na cerca empezando a coller froita, e un de eles foi collido pola perneira do pantalón, o rapas colleu medo, e tirouse de uns tres metros de altura, os demais baixaron como puideron deixando o seu compañeiro tirado entre uns coleiros con unha perna torcida, media partida, o dono sabia todo o que estaba a ocorrer, e so lle enxeñaba a fouza, dicíndolle o rapas que se volvían, a próxima vez cortáballe o pescozo, o rapas ficou unhas dúas horas tirado no chan, ata, que volveron a por el algún familiar, avisado polos rapaces.
Uns pola fame, outros por facer mal, outros por ser inocentes a estas clases de xogos, o peixe grande sempre comeu o pequeno.

Corme 19 de Marzo 2010.
Luís Suárez Varela

No hay comentarios:

Publicar un comentario