domingo, 7 de marzo de 2010

FANTASMAS

COUSAS DO VIÑO

Mala centella beba o viño, nun día tan recordado coma é o día de defuntos.
Xa pasaron uns anos, aló polo ano 1950, na taberna de tia Sara, estaban xogando a baralla uns mozos da Aldea e, en ves de xogar, dábaselle por estar de carallada nun día de defuntos, dicindo o da Santa compaña se era certo ou non, de que os mortos saian do cimenterio neste día pola noite despois das doce, na taberna tamén estaban os de sempre pero non xogando, senón apoiando o coio no mostrador con unha cunca de viño, estes eran o Manolo de Gondomil mais o tío Pepe das Areas, dous homes moi devotos e crentes da relixión católica.
Estes homes estaban sempre coa cunca baldeira, tia Sara non daba feito en enchela, non sei se era polo feito do que estaban a escoitar ou polo bo que estaba o viño, serian as 10 da noite e o Manolo dixo de marchar para a casa, o tío Pepe sen presa dicía que era cedo, beberon outras dúas cuncas de viño e puxéronse o camiño, o medo parecía que tiña mais peso que o viño e tío Manolo díxolle o seu compañeiro se o acompañaba ata pasar o cimenterio, e o tío Pepe dixo que non facía faia pasar polo camposanto, pasando polo centro da Aldea dirección das Areas onde ficaba o tío Pepe,
Chegando a casa nas Areas o medo de tío Manolo no deixaban camiñar, o seu amigo deuse conta e díxolle se o acompañaba, e el díxolle si home si eu non teño medo a ninguén, e os mortos menos, baixando polas Areas abaixo camiño da Ermida a lúa chea enseáballe o camiño os dous que de vez en cando van tropezando un no outro preguntando é respondendo as suas palabras que saian de unhas bocas xa un pouco resecas que pedían un trago.

O pasar as casas das Areas, tío Pepe dixo, se ti o dis que non tes medo non, !ai Pepe, se ti non o tes, pásame ata o cruceiro da serpe¡ agradecereicho.
O tío Pepe dixo, !non home non, eu nesas caralladas non penso¡ os mortos están onde están, no cimenterio, é de alí non saen, dígocho eu carallo, todos que finaron, foron para ló e non volveron.
Continuaron coas súas caralladas como dicía tío Pepe, foron pasando as Brañas camiño da pedra da serpe, e xunto a ela, tío Pepe díxolle, ¿Qué agora podes ir ti so? Si compañeiro si, agora podo ir so, ademais aínda cando chegue a casa, aínda estou véndote polo camiño, grazas amigo.

Estaba unha noite de lúa chea, parecía de dia, pero tío Pepe continuaba recordando o medoso que era o seu compañeiro
O chegar o camiño que colle cara a Ermida que da co transformador, doulle uns retorzóns de barriga, e foi camiñando ata encontrar un sitio un pouco cómodo para facer o que ninguén o pode facer por un, baixou os pantalóns e cando estaba abaixándose, veu unhas luces no medio do pinar que se incendian e apagaban co movemento do aire, el dixo, que carallo pode ser,¿ non me ides poñer medo é ? subiu os pantalóns se facer nada, nestas cando se estaba erguendo alguén o agarraba pola cintura, mirou para os lados non vía a ninguén, ¡¡déixame home déixame, aínda que diga que non teño medo, parece que digo mentira¡¡ de o tío Pepe así estivo ata chegar a pola mañan sen poder ceibarse do que o estaba a enganchar.
Condenada de silva, mira que tiven que estar toda a noite enganchado, pensando en alguén que foi para o outro mundo con algunha promesa que non lle puden facer, é tío Pepe empezou a pisar a silva, de paso pasou por debaixo do pinar para ver as luces, e que sorpresa encontro, as luces, as facían us osos, que a lúa os facía relucir, osos de unha vaca que fora enterrada facía uns anos naquel lugar.

Este home deixou de dicir fanfarronadas sobre o medo, por que medo non se ten, pero precaucións si se teñen, e tamén medo, e non facer coma tío Pepe que medo non tiña, pero non foi capas de subir os pantalóns a iso non se chama ter medo, e o que diga menos que mo diga a min que o teño.

Corme 7 de Marzo 2010.


Luís Suárez Varela,

No hay comentarios:

Publicar un comentario