domingo, 14 de febrero de 2010

OS NOSOS APODOS


IXPUMMM

As cousas como son, na miña aldea, os nomes mais coñecidos de todos os veciños, eran os epodos, uns os collían con agarimo, ou os acollen, por que aínda se leva iso de chamar ou dicir tío Caramba, tia Rosa de Benito, tío Eliseo do lugar, Xesús do Creguiño, tia Pepa do Grecho, Luis da Costa, Xesús dos Gamallos, Os da porteira, coma Xosé da Porteira, os da Laracha, coma Manuel da Laracha, os dos Sagrelos, coma Serafín dos Sagrelos, os de Carballal, coma tío Manuel de Carballal, os de Americano, coma tío Manuel de Americano, os de Horta Chica, coma Serafín de Horta Chica, os do Cornecho, coma Suso do Cornecho, os de tia Santanderina, coma Tucho de Santanderina, os dos Caínzos, coma tío Ignacio dos Caínzos, os de Cances, coma Suso de Cances, os do Toural, coma Ramón do Toural.

E podemos seguir cos nomes, postos coma a segundas, ou ven pola familia ou polo sitio onde se encontra a casa familiar, e tamén son nomes que traes de outras Aldeas ou Pobos, coma os de Cances, o Carballal, Santanderina. Hoxe en dia, moitos de todos estes nomes que nomeei, xa faleceron pero fica o nome na casa, coma por exemplo, a casa de tia Maripepa, aínda que nela non quede ninguén da familia, hoxe habitada por uns Irlandeses, a casa de Tia Ramona das Laxes, tamén esta habitada por outra familia, a casa dos da Laracha, segue co nome da casa de tío Manuel da Laracha, e tamén esta con outros donos.

Os de tras da Fonte, tío Manuel de detrás da fonte, tia Pepa das Delicias, a casa das Delicias, tío Antoniño, a casa dos de Antoniño, Xerpes, a casa de xerpes. E así moitos mais que forman a Parroquia de San Adrián de Corme.

Dentro de estes nomes tamén existían ou existen aínda, pero son nomes que ofenden a persoa, por iso non os direi, so un que e coma empezo este articulo.

Cando era eu un rapas, tiñamos un home que quería moito os rapaces, e mais cando diciamos a voz de coro IXPUM – FOGUETE, e o poño en maiúsculas, xa que unha ves sen saber por que, levei unha malleira de el, e desde aquela fun un dos mais.

Este e un pequeno recordatorio dos nosos nomes, nunha aldea chea de almas, por que de vivos xa vamos ficando poucos, pero as casas fican e outros as evitaran, sexan do pobo ou foráneos, que ven vidos sexan.

Luis Suarez / Corme - 14-02-10 /

No hay comentarios:

Publicar un comentario