viernes, 24 de julio de 2009

A MIÑA CRITICA

A FONTE DO CAMPO

O meu pensar

1º. Empezo por o cor, a min non me gustan os colorines, pero con isto non podo obrigar a ninguén a ter os meus gustos, en tal caso tratarei de falalo para poder ter un resultado entre a maioría por un lado ou por ó outro, iso chamase Democracia.
2º. As señoras da Fundación, xa fai uns meses que teñen o permiso do Concello para pintar a fonte de palabra, tiveron esperando o permiso por escrito é ata que non ó tiveron non o fixeron, falaron coa asociación onde nos nós situamos sempre o amparo dos veciños nas súas reclamacións, que foron feitas sen contar coa asociación, que lle chamo eu protestas de taberna, de xente que só sabe berrar e insultar a quen traballa polo pobo, eles non se enganan en nada, será por que non fan nada.
3º. A miña critica a o señor Alcalde, o momento de terminar as pintoras de pintar a fonte unhas persoas leváronlle a protesta o concello que o vexo ben pero resulta que estas persoas son da política amiga do señor Alcalde, e non mais recibilos, xa mandou sacar os colores a fonte, espero que as moitas protestas que outros fan, pero non son dos cores do seu partido, lles faga o mesmo caso sempre que reúnan os criterios.
4º. Ai gustos para todos, o único que non estou de acordo é coa feitura que fixeron esta noite coa fonte, agora esta como eles queren que estea chea de merda, para min a persoa que fixo ou as persoas que o fixeron están fora da razón, eu isto chámolle actos de verdadeiros canta mañas, cando se fai unha cousa así, faise coa cara descuberta e con sol ou chuvia, agora as manifestacións podémolas facer, que nos fagan caso é outra historia, pero dando a cara, eu estou con quen da a cara, e aínda que non este de acordo cos colores si estou con elas por dar a cara por Corme que outros son de Corme, cando entra no seu peto diñeiro veña de onde veña, así Corme será o Corme dos caciques e de xente que so mira para dentro da súa casa e esquecese dos demais, loitade para que teñamos un medico mais, loitade por a oficina marítima que funcione e polo medico dos nenos que este mais días da semana, loitada por un concello que agrupe a todas parroquias por un igual, sen ter uns favoritismos so por aqueles que mais se acheguen aos que gobernan, por todo isto e mais, e ó que temos que loitar e non por o simple cambio do cor da fonte. Sé es de dereitas ou de esquerdas, non contes co meu apoio nestes casos vandálicos, da a cara.
5º. E isto vai para as amigas da FUNDACION TORRE PUJALES, adiante amigas co voso traballo de poñer en Corme o que outros non sabemos poñer, estamos a maioría con todo o que estades facendo, o dixen é o repito ninguén se equivoca se non fai nada, nos meus corenta anos que loito polos intereses dos demais sen pedir nada a cambio, en algunhas cousas me equivoquei, pero en outras dei co acerto. Unha ves mais, grazas amigas.



Luís Suárez (Corme – 24-07-09)

No hay comentarios:

Publicar un comentario