viernes, 3 de julio de 2009


A FURNA DA BARDA

Unha lenda para o noso recordo.

Xa fai moitos anos, existían uns moradores nos contornos das praias da barda onde se aloxaban, uns na furna da praia grande, outros no petón da casiña, outros na furna da parede e os mais pobres na furna da Salgueiriña, xa que so tiñan unha entrada e pola mesma a saída, facéndoa con dúas entradas co paso do tempo.
Vivían da pesca e caza, os seus xefes eran elixidos unha soa vez nunha pelexa que tiñan cada certo tempo cando deixaban o seu fogar familiar, os que mais tempo botaron foron Kripus o xefe da barda, e o segundo chamábanlle Ripus un guerrilleiro que estivo o fronte da tribo tamén durante a sui longa vida.

Cando Kripus saio da casa dos seus pais tería uns vinte anos, e tocoulle pelexar co fillo do actual xefe naqueles intres, xa que este estaba nunha idade xa avanzada e tiña que ser apartado do mandato coma xefe da tribo. Nesta pelexa saio gañador Kripus, o seu rival ficou desfeito e o seu corpo foi comesto polas serpes no campo da Barda centro de conmemoracións os seus deuses e espíritos. Dende aquel momento todos os xefes do entorno puxéronse en garda, contra este saínte xefe da Barda, e mais o da tribo da praia da parede, os primeiros tempos, foron de grandes loitas entre estes dous guerrilleiros, tanto na praia grande coma na pequena.

O xefe da tribo da parede mandou perforar no interior da furna para ter mais cabida para os que a evitaban e en especial os guerreiros facendo unha saída uns dous centros metros o lado de unha fonte de moi boa auga pero en pendente, este traballo durou moitos anos, que durante eles morreron ducias de operarios. Loitas, mais loitas por o poder de un anaco do mar e a súas ribeiras, a caza e pesca escaseaba, nunha pelexa o xefe da furna da Salgueiriña ficou sen un brazo arrancado polos guerrilleiros inimigos, isto foi unha gran loita entre as dúas tribos que durante elas a furna da Salgueiriña ficou destruída unha entrada a do norte que aínda hoxe esta furada no medio. A mesma sorte lle pasou a furna da praia pequena, hoxe a Parede, o mar empuxado pola avaricia de uns e de outros entrou na furna e desfixo todo deixando a furna sen teito so con dúas paredes, morreron cas todos debaixo das pedras, so uns poucos ficaron con vida, e colleron coma refuxio o petón da casiña de aí hoxe chamase así ó petón que esta no monte do Rubio, Petón da casiña.

Os poucos que ficaron de estes dous bandos, foron vencidos pouco a pouco pola tribo da praia grande da Barda formando unha gran tribo invencible para todos aqueles que se achegasen por mar ou terra.
A furna da Barda empezou a ficar pequena, e tiñan que saír a caza cada día mais lonxe e non querían pasar polo campo de Pedra ancha lugar sagrado para a súas crenzas. Pasaron anos e un novo xefe mandou escavar na furna monte arriba e outros tamén fixeron o mesmo pero cara baixo, aínda non se encontraron, os que empezaron na praia saíron en Portas, de aí hoxe chamase o monte de Portas, que durante séculos fixo saída da Barda por un túnel, hoxe pechado, e séguese buscando a entrada, e mesmo a onde chega a furna da Barda.


Luís Suárez. 2- 7- 09

No hay comentarios:

Publicar un comentario