lunes, 9 de marzo de 2015

XOGANDO


O XOGO DO VERTEDOIRO



Neste xogo consiste en deixar sen comer a algún veciño ou veciña, sen que se dea conta do que esta a pasar coa súa comida.

Nos anos cincuenta,  os rapaces da nosa Aldea, uns mais grandes outros mais pequechos, andabamos investigando todas as casas que tiñan o vertedoiro, onde lavaban a louza, e tamén serbia para secala.

Unha noite despois de barallar, cal seria a casa escollida, decidimos que fose a de tia Pepa. Esta casa esta xunto a carretera principal, e o seu vertedoiro daba a carretera e mesmo tiña o desaugo cara fora. Esta muller tiña o defecto de deixar a comida a enfrear no vertedoiro, mentres dáballe de comer as  vacas.  Unha noite sobre as nove, nos estabamos xogando mesmo en fronte a súa véntana,  e en cada instante mirabamos polo burato, xa que non era a primeira ves que mirabamos e sabiamos os costumes de todos os días, o que facía coa cea.

Despois de arranxar un fío de ferro, con unha curva diante, metemos este fío polo furado, enganchando a cunca do caldo pola asa, e tiramos todo polo chan.

Esta muller o escoitar o ruído, vaise a cociña, e ve toda a desfeita, a cunca en anacos no chan, o caldo ciscado tamén. Ela inocente, colleunas co gato, onde o pobre levou nas costa  con un galleto, e fuxiu monte a riba cos pelos de punta e coas orellas encollidas.  Nos seguimos xogando como se no pasara nada, é ela cabreada dicía ¿condenado de gato, se o comera, pero tirou con todo? ¿cando o colla o mato?, é nos coma se non pasara nada.

E seguimos facendo o mesmo durante unas tres ou catro veces pero, o gato xa tiña moito sufrido as nosas caralladas, é un día non deixou de estar con ela na corte, nos fixemos o mesmo, pero ela o sentir caer o prato na cociña, e o gato estaba con ela, empezou a mirar por se entrara outro animal na casa é non vío nada, so mirou cara o burato e de esta deuse de conta de que era o animal de dúas patas.

Agora seríamos nós os inocentes do noso xogo. Un día estabamos xunto a véntana intentando meter o fío de ferro polo furado, e caeunos un caldeiro de auga na cabeza, ¿ai collinvos é, condenados de rapaces? ¡¡xa llo contarei os vosos pais!! Para que  todo quedase en nada, prometemos non facelo mais, isto pasou con nos, pero cos mais pequenos, algunha ves o facían noutras casas.

Isto an que  o faciamos coma xogo, non se pode chamar xogar, senón facer mal o próximo, estas trasnadas aínda que non sexan perigosas, son contra a intimidade das persoas,  é perdida de comida, en tempos que voa falta facía para moitas familias.


                                     Corme 16 de Febreiro 2010


                                                                                Luís Suárez              

No hay comentarios:

Publicar un comentario