viernes, 16 de julio de 2010

SALVE REINA DOS MARES 2




A NOSA SEÑORA DO CARMEN
Hoxe 16 de Xullo, dia da nosa patroa, a Virxe do Carme.
Os mariñeiros crentes e non, levamos no noso corazón a imaxe da nosa señora.
Todos os anos nos portos mariñeiros da nosa terra, saen os barcos engalanados en este dia 16, para lembrar a todos aqueles que non o poden facer, por que un día deixaron de existir levando con eles os seus tripulantes, para os fondos do mar.
Moitos de nos, os que tivemos algún naufraxio, naquel momento tiñamos na mente os nosos queridos familiares, é entre eles estaba a nosa señora do Carme, dou grazas a ela pola súa compaña que me fixo, no día que me vin entre as ondas do Cantábrico nos mares cabo Peñas, onde deixamos neses fondos o LUCITA.
Neses mares do noso luceiro, encontrei unha señora chorando.
No seu regazo levaba, oito mariñeiros do Lucita, que tiña salvado.
Un de eses mariñeiros son eu, e de ela fago recordar, o seu manto que me envolvía, xunto a os meus compañeiros naquel atardecer, entre os Merendales é Peñas.
Grazas nai querida, salve reina dos mares, de eses mares iris ……
Xunto a estas verbas de un mariñeiro afortunado neste gran día da nosa patroa a Virxe do Carme, mándovos unhas fotos de este día. Dende Corme para todos os recunchos do planeta. Salve reina dos mares.
Luís Suárez 16 de xullo 2010

No hay comentarios:

Publicar un comentario